El Camino Inglés debe brillar en la oferta turística de la ciudad

El Camino Inglés debe brillar en la oferta turística de la ciudad

En el último asunto del pleno ordinario de mayo se debatió la adhesión de La Coruña a la Asociación de Ayuntamientos del Camino Inglés. Nuestro voto fue favorable y así lo defendimos:

«A pesares das circunstancias actuais, ou quizáis, aproveitando as circunstancias actuais, o turismo local débese promocionar máis e mellor ca nunca. Sen dúbida o patrimonio que temos nesta cidade é único e cun potencial enorme que non acabamos nunca de sacarlle todo o proveito que ten tendo como temos un monumento patrimonio da humanidade, a Torre de Hércules, o noso emblema, o noso faro, o faro que guiaba aos navegantes, aos peregrinos que chegaban por mar dende o norte de Europa para despois tirar cara a Compostela. 

Todo o que sexa pois a unión para xuntar esforzos de cara a lograr os mellores recursos nun referente turístico e patrimonial que cada vez goza de maior afluencia de visitantes, como é o Camiño Inglés, parécenos unha boa nova. Polo que por suposto votaremos a favor da adhesión a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Gustaríame aplaudir as visitas virtuais que se están a facer neste tempo de confinamento, entre elas a do Camiño Inglés, e que sen dúbida servirán para atraer aínda a máis camiñantes foráneos desexosos de facelo de verdade.

E aínda que o Camiño Inglés se inicia na Igrexa de Santiago, cremos que é unha boa ocasión esta para poñer en valor a nosa proposta de facer unha senda litoral que vaia desde a praia do Matadoiro ata o Faro, unha senda ao borde do mar, que libere o colapsado paseo marítimo, un camiño máis natural, nunha das zonas máis fermosas da cidade e que sen dúbida será un atractivo turístico de interese para todas aquelas persoas que decidan comezar o Camiño Inglés desde a Coruña. E ademáis tendo en conta que unha das principais queixas dos peregrinos estranxeiros é que neste Camiño hai moito asfalto. 

Non nos cabe dúbida de que o Xacobeo será un dos puntos fortes do turismo nestos tempos de Covid e que traerá a Galicia milleiros de persoas. Debemos facer todo o posible para potenciar este Camiño Inglés e traer cantos máis sexa posible á nosa cidade.

Sempre e cando ao noso goberno central nos se lle dea por ocorrencias como a de ter encerrados aos turistas 14 días nun hotel e polo tanto se decidan por outros destinos. Non podemos esquecer que as empresas do sector turístico nesta cidade son principalmente pymes e autónomos. Un dos sectores que máis apoio deben recibir das administraciones públicas nestes momentos.

Ademáis, o Camiño Inglés foi que máis medrou en número de peregrinos en 2019, un 11,5% máis de viistantes.

Por iso apoiamos todo o que sexa poñer en valor o noso, neste caso o Camiño Inglés».

Categoría:

  • cultura
  • ,
  • plenos
  • ,
  • unesco

Compartir :